Español | Galego

Qué son as Ilusións Ópticas?

Unha ilusión óptica é calquera ilusión do sentido da vista que nos leva a percibir a realidade de forma errónea, un erro na interpretación que fai o noso cerebro sobre os sinais que o ollo lle envía.

Grazas a este “erro” de apreciación, podemos disfrutar das sensacións únicas e incribles que nos brindan as Ilusións Ópticas.

E podemos transformar ese suposto “erro” nunha experiencia didáctica, nunha experiencia divertida, convertila nunha experiencia única.

Unha exposición única

Esta exposición recolle unha selección das mellores e máis efectivas Ilusións Ópticas, desde as máis clásicas e que levan sorprendendo desde hai séculos, ata as máis novedosas e impactantes.

Un conxunto de máis de cincuenta Ilusións Ópticas que non van deixar indiferente a ninguén.

O seu formato, coidadosamente elaborado, os seus contidos, dirixidos a todos os públicos, invitan ao espectador a ser protagonista.

O seu carácter lúdico, didáctico e interactivo, fan desta exposición unha actividade única e diferente, ata agora nunca vista no noso país.

O éxito desta exposición está garantido polo inxeño e talento dos seus creadores, dous recoñecidos expertos en sorprender ao público:
O Mago Vituco e o Mago Romarís.

O público

O público, calquera que sexa a súa idade, vese cautivado por cada unha das Ilusións Ópticas que lle son presentadas, e vese animado a interactuar con elas.

Síntese protagonista nestas experiencias, e despois de tocar, medir, comprobar e poñer a proba o seu sentido visual, seguirá sen poder crer o que está a ver.

Hologramas, anamorfoses, paradoxas, etc… poñerán a proba o enxeño de cada participante.

Invitamos ao público a descubrir e coñecer con nós o porqué e o cómo destas fabulosas e fascinantes Ilusións Ópticas en “VER PARA CRER”.

Fotos

ilusiones opticas ilusiones opticas ilusiones opticas ilusiones opticas ilusiones opticas
ilusions opticas ilusions opticas ilusions opticas ilusions opticas ilusions opticas

Videos

Reaccións que provocan as Ilusións Ópticas no público

Aquí podes ver os increíbles efectos que provocan as Ilusións Ópticas

©Mago Romarís | Aviso Legal | Diseño: Ático I Creativos